domingo, 25 de agosto de 2019, 18:55

Galicia favorecerá o intercambio con Asturias, Cantabria e Euskadi a través do programa 'Camiño Escena Norte'

|

O director de Agadic, Jacobo Sutil, e a presidenta de Escena Galega, Belén Pichel

A Xunta colaborará para impulsar a programación galega no proxecto 'Camiño Escena Norte', unha iniciativa de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e Euskadi, polas que transcorre a citada ruta xacobea.

O director de Agadic, Jacobo Sutil, e a presidenta de Escena Galega, Belén Pichel, subscribiron un convenio de colaboración no que se especifican os eixos sobre os que se desenvolverán as diferentes actividades.

O primeiro deles, Itinerario Constelación, suporá a realización de oito funciones entre setembro e outubro a cargo de compañías asturianas, cántabras e vascas, mentres unha selección de agrupacións galegas presentarán os seus traballos nestas comunidades autónomas.

Doutra banda, Camiño Expandido ofrecerá unha serie de actividades paralelas para explorar as posibilidades de futuras coproducións, intercambios formativos e profundar no diálogo entre as escenas dos diferentes territorios.