domingo, 25 de agosto de 2019, 18:54

Rescatan a unha persoa que caeu por unha fervenza en Quiroga (Lugo)

|

Os servizos de emerxencias rescataron na tarde deste mércores a unha persoa que resultou ferida ao caer por unha fervenza do río Soldón, no concello lugués de Quiroga.

Foi o propio afectado quen contactou co 112 para pedir axuda despois de precipitarse pola fervenza e caer na auga. Desde ese punto chamou ao número de emerxencias para sinalar a súa localización, nunha zona de difícil acceso, e solicitar asistencia médica debido a un golpe que tiña na cabeza.

O persoal do centro de atención ás emerxencias pediu a colaboración dos servizos médicos e dos Bombeiros de Monforte, así como dos axentes da Policía Local e Garda Civil, dos membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel e de Protección Civil.

Para cando os bombeiros efectuaron o rescate, un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense atendía ao ferido.