domingo, 25 de agosto de 2019, 18:41

As universidades de Santiago e Vigo, entre as mil mellores do mundo, aínda que baixan un banzo na clasificación

|

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo) mantéñense entre as mellores universidades do mundo segundo o Academic Ranking of World Univerties (Arwu), aínda que ambas baixan un banzo na clasificación.

O Arwu, comunmente coñecido como ranking de Xangai, selecciona aproximadamente 1.800 universidades e destaca as 1.000 mellores. Outro ano máis, a USC e a UVigo mantéñense entre as mellores universidades do mundo.

Con todo, a institución compostelá cae do chanzo que vai das 401 ás 500 primeiras ás incluídas entre as 501 e as 600 primeiras e a viguesa, do mesmo xeito, pasa do escalafón 501-600 ao 601-700.

Os indicadores que emprega Arwu para clasificar son a cantidade de exalumnado e persoal gañador dos premios Nobel e das medallas Fields, a cantidade de persoal investigador altamente citado ou o número de artigos publicados en revistas científicas.