miércoles, 23 de octubre de 2019, 19:02

Morre unha motorista despois de chocar cun autobús no Grove (Pontevedra)

|

Unha motorista de 32 anos faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste mércores ao chocar cun autobús na entrada do Grove (Pontevedra), cuxos ocupantes resultaron ilesos.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia e a Guardia Civil a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 14,00 horas no quilómetro 3,2 da estrada PO-316 ao chocar unha moto e un autobús.

Fontes da Benemérita concretaron que no autobús, dunha empresa de Badaxoz, viaxaban xubilados, que resultaron "todos ilesos" após a colisión.

Ao lugar acudiron efectivos do GES de Sanxenxo e O Grove, así como unha ambulancia do 061, cuxo persoal sanitario realizou manobras de reanimación, pero a motorista morreu no lugar. A falecida, que conducía a motocicleta, foi identificada como unha veciña do Grove de 32 anos.

Efectivos da Guardua Civil de Tráfico e da Policía Local tamén foron mobilizados para xestionar o tráfico na zona após o sinistro.