miércoles, 16 de octubre de 2019, 05:34

A valedora pide que o Sergas concrete o prazo de atención aos pacientes que rexeitan a asistencia en centros concertados

|

A valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, intervén na Comisión de Peticións da Cámara galega

A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, considerou necesario que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) concrete o prazo de atención aos pacientes que rexeitan a oferta de recibir asistencia en centros concertados.

A valedora advertiu de que, "neste momento", "non está definido normativamente un prazo de atención" para estes pacientes, unha cuestión que, na súa opinión, debe ser revisada.

"Que se concrete o máximo garantido é un dos obxectivos desta valeduría", manifestou na súa comparecencia na Comisión de Peticións da Cámara galega, na que destacou que o seu equipo "non descansa" até dar unha solución aos problemas que chegan á institución.