miércoles, 23 de octubre de 2019, 18:48

Gómez-Reino reivindica a Galicia En Común como "o espazo do cambio" fronte a Máis País

|

10N.-Gómez-Reino acusa a Sánchez de

Cre que "se cualifica por si mesmo" un partido que non se presenta nas catro provincias galegas

O secretario xeral de Podemos Galicia e número un de En Común-Unidas Podemos pola provincia da Coruña nas próximas eleccións xerais, Antón Gómez-Reino, reivindicou a Galicia En Común como "o espazo do cambio" fronte a Máis País, liderada por Iñigo Errejón e con candidatura na provincia coruñesa, encabezada por Carolina Bescansa.

A preguntas dos xornalistas sobre a presenza de Bescansa nesta candidatura e a marcha de membros de Podemos Galicia a esta formación, cualificou de "lexítimo" que optasen por esta decisión. No entanto, arremeteu contra Máis País polo feito de que non presente candidatura no catro provincias galegas.

"Cualifícase por si mesma unha fueza politica que nin sequera se presenta en todas as circunscricións galegas cando a esquerda galega leva tempo reivindicando Galicia como circunscrición única", sentenciou.

Cun "veremos o que sucede" respondeu tamén de cara aos resultados que poida obter Máis País nas eleccións do 10 de novembro. Da candidatura de En Común-Unidas Podemos, dixo, mentres, que sae "a por todas e a gañar".

"Galicia En Común é o espazo politico que leva cinco meses traballando por conseguir un goberno no Estado", recalcou Gómez-Reino, convencido de que a cidadanía galega "sabe identificar quen participa do espazo do cambio e quen son os actores fundamentais que levan moito tempo construíndo este espazo do cambio".