miércoles, 23 de octubre de 2019, 19:05

Ferida grave unha muller que se precipitou ao mar nun vehículo desde o peirao de reparacións de Bouzas, en Vigo

|

Unha muller resulta ferida grave após precipitarse ao mar nun  coche, no peirao de reparacións de Bouzas, en Vigo

Unha muller de 32 anos de idade, S.M.F., resultou ferida grave após precipitarse ao mar nun coche desde o peirao de reparacións de Bouzas, á altura do restaurante Mariña Dávila, en Vigo, segundo informaron fontes da Policía Nacional.

Unha persona que se atopaba pola zona nunha moto de auga observou o ocorrido e rescatou á muller e única ocupante do vehículo. Ao lugar desprazáronse efectivos do 091, de Garda Civil, Policía Local e Policía Portuaria.

A muller estaba insconsciente cando foi rescatada e foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo nunha ambulancia medicalizada do 061, confirmaron fontes de emerxencias médicas.

Esta previsto que o coche sinistrado, que quedou entre o espigón e un pantalán, sexa retirado da auga por servizos da Autoridade Portuaria este venres.