miércoles, 16 de octubre de 2019, 05:32

A confianza empresarial cae un 2,2% no catro trimestre en Galicia, menos que a media nacional

|

No conxunto do Estado descende un 2,9%, o seu maior descenso desde 2013
O Índice de Confianza Empresarial Harmonizado (ICEA) en Galicia descendeu un 2,2% no cuarto trimestre de 2019 con respecto ao terceiro, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A cifra galega é sete décimas inferior á rexistrada no conxunto do Estado, onde a confianza empresarial cae un 2,9 por cento, o que supón o seu maior descenso desde 2013.

Así, a galega convértese na sexta comunidade na que menos descende este indicador para o período entre outubro e decembro, ao situarse por detrás de Asturias (-9%), Canarias (-1,1%), Valencia (-1,4%), A Rioxa (-1,4%) e Cantabria (-1,4%).

En concreto, o balance de expectativas (diferenza entre as opinións dos empresarios optimistas e os pesimistas) situouse en Galicia en -5,3 puntos, por baixo da media estatal de -2,7 puntos.

Con todo, a porcentaxe de establecementos empresariais da Comunidade que pensan que a marcha do seu negocio será desfavorable entre outubro e decembro deste ano situouse no 19,1%, cifra lixeiramente inferior á estatal (19,5%).

Pola súa banda, o balance de situación (deferencia entre respostas favorables e desfavorables respecto ao trimestre finalizado) subiu 3,1 puntos. Así, un 19,3% dos establecementos empresariais teñen unha opinión favorable, un 64,5% normal e un 16,2% desfavorable.

TOTAL DE ESPAÑA
O Indicador de Confianza Empresarial Harmonizado (ICEA), cuxa publicación corresponde ao Instituto Nacional de Estatística (INE), esborrallouse un 2,9% no cuarto trimestre deste ano en relación ao trimestre anterior.

Este retroceso da confianza é o máis pronunciado en calquera trimestre desde 2013, cando o INE empezou a elaborar este indicador.

O descenso da confianza empresarial rexistrado entre outubro e decembro débese ao empeoramento tanto do indicador de situación actual como o de expectativas.

En concreto, en España o balance de expectativas situouse en -2,7 puntos, fronte ao avance de 4,7 puntos rexistrado no trimestre anterior.

Isto débese a que a porcentaxe de establecementos empresariais que pensan que a marcha do seu negocio será desfavorable entre outubro e decembro deste ano situouse no 19,4%, cifra superior á do trimestre anterior (16,7%).

Ao mesmo tempo, a porcentaxe de empresarios que opinan que o seu negocio marchará de maneira normal aumentou até o 63,9%, mentres que os empresarios que se mostran optimistas sobre a evolución do seu negocio reducíronse desde o 21,4% do trimestre anterior ao 16,7%.