miércoles, 23 de octubre de 2019, 19:01

O BNG culpa a PP e PSOE da situación da central das Pontes e apela a buscar "alternativas"

|

(Sust)Angrois.- O BNG reclama unha investigación

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, culpou ao PP e ao PSOE da situación da central térmica das Pontes (A Coruña) e apelou a buscar "alternativas" para evitar o peche.

A preguntas dos xornalistas, após participar no acto de presentación da candidatura do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña, asegurou que tanto a situación da planta de Endesa como á de Alcoa en San Cibrao "demostran a inutilidade das forzas políticas estatais".

"Xunta e Goberno non son capaces de pór unha alternativa", denunciou a dirixente nacionalista, quen asegurou que Endesa, despois de "esquilmar os recursos" non pode "irse dun día para outro, deixando tirado a este país".

Por todo iso, insistiu en canalizar a procura de solucións a través dunha mesa de traballo con Goberno, Xunta e axentes sociais para que, dela, saian "propostas de futuro". "E, a partir de aí, expor a descarbonización", da que asegurou que non pode ser "escusa" para deixar a unha comarca "tirada".