miércoles, 16 de octubre de 2019, 05:34

A Xunta comezará a repartir os anticipios da PAC a próxima semana entre as explotacións de vacas

|

Vacas louras nun cercado ao aire libre nunha granxa de Ourense.

A Xunta comezará a repartir os anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC) a próxima semana a través do Fondo de Garantía Agraria (Fogga), que levará a cabo pagos por un importe superior a 36,6 millóns entre as explotacións de vacún de carne e de leite.

Segundo destaca a Consellería do Medio Rural este venres nun comunicado, Galicia estará "entre as primeiras" comunidades autónomas que pagarán anticipios das subvencións da PAC para a campaña 2019-2020.

En total, os anticipos ascenden a unha cantidade total de 36,6 millóns de euros cos que Medio Rural efectuará o pago do 70% da axuda total --máximo establecido pola Comisión Europea-- un mes antes que o pasado ano.

As líneas que serán aboadas corresponden ás explotacións de vacas ama de cría --case 10,5 millóns de euros repartidos entre 9.000 agricultores e gandeiros-- e de vacún de leite, con 26,1 millóns de euros para 7.000 benficiarios.

Deste xeito, os pagos comezarán a producirse a próxima semana, mentres que nos primeiros días de decembro está previsto que se produza un novo abono de 105 millóns de euros.

Segundo indica a Xunta, o obxectivo é alcanzar no ano 2019 importes superiores a 140 millóns de euros e chegar a 26.000 solicitantes.