miércoles, 23 de octubre de 2019, 19:07

Activo un incendio en Chandrexa de Queixa (Ourense) que afecta a máis de 20 hectáreas

|

Un incendio que afecta xa a máis de 20 hectáreas permanece activo na parroquia de Requeixo do municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

O lume iniciouse na tarde deste venres ás 16,08 e queimou unha superficie de máis de 20 hectáreas segundo as primeiras estimacións.

Nas tarefas de control traballan dous axentes, dez brigadas, dúas motobombas, dúas pas e medios aéreos.