miércoles, 16 de octubre de 2019, 05:35

As grandes superficies de Galicia poderán abrir os dous primeiros domingos de xaneiro e os catro de decembro do 2020

|

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) os domingos e festivos nos que os as grandes superficies comerciais poderán abrir ao longo do 2020.

En concreto, os días de apertura --dez cada anos-- serán os dous primeiros domingos de xaneiro (a véspera do Día de Reis e o 12, que coincide co inicio das rebaixas); o Xoves Santo, 9 de abril; o 5 de xullo, o primeiro domingo tras o tradicional inicio de rebaixas do verán; o 11 de outubro, véspera do Día da Hispanidade; o 29 de novembro, que é o domingo que coincide co 'Black Friday'; e os catro domingos de decembro (6, 13, 20 e 27).

Ademais, calquera concello interesado poderá solicitar até o próximo 15 de novembro a modificación de até dúas datas para poder adaptalo aos festivos locais ou calquera outra circunstancia motivada.

Estes domingos e festivos --lembra a Xunta-- non se aplican ao pequeno comercio de menos de 300 metros cadrados que sexan consideradas pemes, xa que xeralmente poden decidir libremente o seu horario e días de apertura.