miércoles, 23 de octubre de 2019, 19:02

Evacuado un motorista ferido tras chocar contra un camión en Valga

|

Un motorista resultou ferido nunha colisión contra con camión rexistrada no municipio pontevedrés de Valga.

O accidente ocorreu sobre as 13,00 horas na PO-548, á altura do punto quilométrico 3. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persona particular.

De inmediato, desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron a aeronave medicalizada con base en Santiago para trasladar o ferido ao centro hospitalario de referencia.