miércoles, 23 de octubre de 2019, 18:51

Tres persoas, dúas delas nonaxenarias, resultan feridas no incendio dunha vivenda de Santiago

|

Outro incendio calcina por completo unha nave en Camariñas
Tres persoas, dúas delas de idade avanzada, resultaron feridas após declararse un incendio na súa vivenda, situada na parroquia de Aríns de Santiago de Compostela.

O lume iniciouse ao fío das 11,00 horas deste sábado nunha casa situada no lugar de Devesa do municipio compostelán, segundo informa o CIAE 112 Galicia.

A consecuencia das chamas, dous dos ocupantes da vivenda, ambos nonaxenarios, resultaron intoxicados por inhalación de fume e sufriron queimaduras de diversa consideración, polo que foron trasladados a un centro hospitalario polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061.

Segundo sinala a central de emerxencias, o lume puido iniciarse polo mal funcionamento dun calefactor. As chamas afectaron a un moble da casa e a roupa que se atopaba no baño da vivenda.

Até o lugar do suceso desprazáronse, ademais do persoal do 061, efectivos dos bombeiros de Santiago, así como patrullas da Policía Local e Nacional.

INCENDIO NUNHA NAVA DE CAMARIÑAS
Por outra banda, tamén na mañá deste sábado, outro incendio calcinou por completo unha nave industrial situada no municipio coruñés de Camariñas. Ademais, un dos profesionais participantes no equipo de extinción tivo que ser atendido por Urxencias Sanitarias 061.

Varios veciños da zona chamaron á central de emerxencias ao redor das 10,30 horas para alertar da existencia dunha fumareda salienda do tellado da nave, situada no lugar da Piosa, na parroquia de Santa María de Xaviña.

A Garda Civil presentouse no lugar para esclarecer os feitos.