miércoles, 23 de octubre de 2019, 19:06

O Festival de Cinema Fantástico da Coruña ofrece este domingo unha conferencia sobre cinema distópico comunista

|

Cartel do FKM A Coruña 2019

O Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM) ofrece este domingo unha 'masterclass' sobre o cinema distópico da Europa comunista impartida polo director e editor Lois E. Froiz.

A conferencia leva por título 'Golems, orfos, heroes e avoas: o cinema distópico da Europa Comunista' e terá lugar a partir das 17,00 horas na Fundación Luís Seoane da cidade herculina, segundo informa a organización do certame.

O director Lois E. Froiz profundará nun subxénero descoñecido para o gran público a través do repaso á cinematografía "demasiadas veces esquecida" de directores con "nomes impronunciables" como Juraj Jukabisko, Piotr Skulzin, Konstantin Lopushansky ou Andrezj Zulawski.

A xornada continuará coa proxección, a partir das 19,00 horas, de dúas películas de culto de cinema fantástico: 'Os novos bárbaros' de Enzo G. Castellari e 'Os invasores do Abismo' de Ruggero Deodato.

Ambas actividades son gratuítas e de entrada libre até completar aforamento.