miércoles, 16 de octubre de 2019, 05:30

Rescatan a un monitor de mergullo e o seu alumno na costa da Coruña

|

Os servizos de emerxencia rescataron na tarde deste sábado a un monitor de mergullo e o seu alumno na costa da Coruña, segundo informan os bombeiros da cidade herculina.

Ao redor das 17,00 horas da tarde, a central de Salvamento Marítimo recibía un aviso que alertaba da desaparición de dúas persoas que perdera a referencia da súa embarcación cando practicaban mergullo nunha zona próxima a Punta Herminia.

Os servizos de Salvamento mobilizaron o Helimer 401, as embarcacións Salvamar Betelgeuse e Condesa Pardo Bazán, mentres que os bombeiros despregaron o seu equipo de rescate marítimo, composto por unha moto de auga e unha embarcación con cinco efectivos a bordo.

Os desaparecidos foron localizados nas inmediacións da zona e postos a salvo. Un deles atopábase con síntomas de mareo, polo que foi atendido e trasaladado a un centro hospitalario.