martes, 7 de julio de 2020, 08:27

Feijóo aclara que Cultura mostra "boas intencións", pero "de momento" nada de "orzamento e investimentos"

|

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou este luns que o investimento do Ministerio de Cultura na actualidade é "o normal e o que estaba previsto", como cada ano, algo que non é "comparable ao compromiso" do Estado "con outras efemérides" de distintas comunidades autónomas. "Boas intencións si, orzamento e investimentos de momento non", aclarou.

Feijóo foi preguntado polas críticas do delegado do Goberno, Javier Losada, nunha entrevista na Cadena Ser, nas que acusaba á Xunta de non decatarse dos compromisos do Ministerio de Cultura co Xacobeo.

"Dáme a sensación que quen non se decata moito é o delegado do Goberno do que fai o seu propio Gobienro. Unha cousa é ser do Goberno e outra ser delegado", respondeu o presidente da Xunta.

Así, asegurou que mantivo unha conversación o pasado 12 de outubro co responsable estatal de Cultura, na que o mandatario se comprometeu a detallar os "4 ou 5 millóns que está a investir" este departamento en Galicia e que "vai tentar concretar" o que ten previsto para o próximo Xacobeo.

"Digo previsión, non confirmación", matizou Feijóo, quen agradeceu o ton "cordial" do responsable de Cultura. "Boas intencións si, orzamento e investimentos, de momento non".