martes, 7 de julio de 2020, 07:42

A patronal galega mostra o seu respecto pola sentenza do Tribunal Supremo

|

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mostrou o seu "respecto total e absoluto" aos tribunais e institucións do Estado ante a sentenza do Tribunal Supremo (TS) sobre o proceso independentista catalán.

Nun comunicado remitido aos medios, a patronal galega asegura que a democracia e o principio de legalidade son inseparables polo que "o marco constitucional debe ser o ámbito no que se desenvolva a normalidade política e económica dentro do Estado de Dereito".

Por último, os empresarios galegos confiaron en que, após esta decisión xudicial, se abra en España unha nova etapa de estabilidade democrática.