viernes, 22 de noviembre de 2019, 08:56
POLÍTICA

Feijóo: "España necesita unha reacción"

|


20191103 Feiju00f3oEnLugo 18



O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pide unir o voto no Partido Popular para que o próximo non sexa un novo incumprimento do PSOE, senón un Goberno que cumpre con Galicia.


Durante un mitin en Lugo, o líder dos populares galegos incidiu en que, do mesmo xeito que España precisa dun goberno como o da Xunta, que goberna e toma decisións -o contrario do que fai o PSOE no Goberno central-; Galicia necesita dun Executivo de España que a respecte e a teña en consideración.


O líder do PPdeG referiuse, tamén, aos orzamentos de Pedro Sánchez, que baixaban un 30% os investimentos na nosa Comunidade, fronte a outras nos que o subía un 60%; á situación de Alcoa, para a que o Goberno central aínda non presentou ningunha proposta; á falta de alternativas ante o posible peche da central térmica das Pontes; á negativa a entregar a totalidade dos 700 millóns de euros e, tamén, aos incumprimentos co AVE galego.


20191103 Feiju00f3oEnLugo 10


Para o presidente do PPdeG, España necesita que haxa reacción desde o Goberno de España, tanto no social, ante os que ameazan a convivencia, como no económico, ante as ameazas da crise. Do mesmo xeito sinalou que precisa recuperar a centralidade política, isto é, substituír as trincheiras  partidistas polos acordos e o sectarismo por un goberno para todos. Neste punto, o presidente dos populares galegos salientou que só votando ao Partido Popular é posible estabilidade, xestión, rigor, experiencia e resultados. 



Unir o voto para poñer fin á inacción


Feijóo avogou porque os españois transformen o cansazo, a fartura e a decepción en ganas de cambio nas urnas votando por todo o que os une e para que as cousas muden, xa que “España non pode nin debe permitirse esta situación”. Así, apuntou que se os galegos unen o seu voto no Partido Popular o próximo 10 de novembro poñeráselle solución á inestabilidade política, á inacción ante a desaceleración, a unha campaña electoral permanente desde a Moncloa, aos reiterados incumprimentos con Galicia e á falta de solucións aos problemas xerados á nosa industria.


O líder do PPdeG advertiu de que coa división do voto, tal e como aconteceu nas últimas Eleccións Xerais, todos os españois perden. Por iso, avogou por unir as forzas para que España volva ter un Goberno que goberne e xestione, que se deba só aos españois e comprometido con Galicia; porque do contrario, volverá gañar o PSOE e todo seguirá na inacción: “O único cambio posible fronte ao goberno socialista é votar ao PP”, indicou Feijóo, quen explicou que, si se rompe a papeleta do PP entre Vox e Ciudadanos, só os socialistas, populistas e nacionalistas chegarán a formar goberno.


Segundo o líder do PPdeG, o PSOE sabe que pode perder o vindeiro 10 de novembro, porque non ten xestión que defender nin tampouco ningún compromiso que reivindicar, polo que o único que lle queda é dividir para vencer.