lunes, 9 de diciembre de 2019, 02:12

Feijóo: "As solucións que España necesita comezarán votando polo PP o 10 de novembro"

|


20191104 Feiju00f3oEnPontevedra 02



O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu unir voto no Partido Popular para que se recuperen os compromisos con Galicia. Tras facer fincapé en que o país necesita un goberno como o da nosa Comunidade, destacou que os galegos tamén “precisan dun Goberno de España que se tome en serio” a Galicia.


E é que, tal e como aseverou, é tempo de non seguir agravando os problemas, senón de buscar solucións, indicando que podemos empezar a atopalas e a aplicalas votando polo PP o próximo domingo. “España non aguanta más incerteza nin equivocacións”, remarcou Feijóo, quen incidiu en que ou hai un cambio de goberno ou o que se cambiará será o crecemento pola desaceleración, a creación de emprego polo desemprego e a fortaleza industrial pola debilidade.


Así se expresaba nun almorzo con empresarios hoxe en Pontevedra, no que asegurou que Galicia vai seguir cumprindo cos galegos, aportando estabilidade e certezas, e defendendo os seus intereses. Para Feijóo, os titubeos do Executivo central fan que España estea nunha encrucillada. Segundo manifestou o líder dos populares galegos, vivimos nunha continua campaña electoral que ten repercusións, unha situación que non  recomendable para un país que ten que facer fronte a tantos desafíos. “Oxalá coas eleccións do 10 de novembro remate verdadeiramente a campaña electoral”, dixo engadindo que o país non debe perder tempo, diñeiro nin forzas ante todo o que temos por diante.


Nese senso, recoñeceu que España ten capacidade, como xa demostrou, para dar mellores respostas das que, desde a ausencia de Goberno, se están a dar aos españois e, especificamente, aos galegos. Ante as ameazas dunha nova crise, o presidente do PPdeG sostivo que España non está blindada porque ten un goberno débil que, en todos estes meses, negouse a gobernar.


20191104 Feiju00f3oEnPontevedra 01


Galicia, exemplo dun Goberno que goberna


Durante a súa intervención, Feijóo incidiu en que non hai que conformarse nin premiar nas urnas o que está a suceder en España porque esta situación non é irremediable. Neste sentido, salientou que hai unha alternativa no PP e que Galicia é a mostra, sendo sinónimo de cumprimento do deber, responsabilidade e estabilidade, así como tamén o exemplo dun goberno que goberna.


De feito, afeou que nos únicos presupostos que presentou o Executivo do PSOE os investimentos baixaban na nosa terra un 30% mentres subían un 60% os de outros lugares, algo que -como subliñou- foi a declaración de intencións do que acontecería despois.


Ao respecto, lembrou que na anterior campaña electoral os socialistas dixeron que os problemas en Alcoa xa estaban solucionados pero chegamos a esta sen coñecer nin unha proposta para tentar solucionalo. Ademais, a isto únese a falta de alternativa provocada polas improvisacións deste Executivo para as 80.000 familias que teñen ingresos polo sector forestal e para a comarca de Ferrolterra co posible peche da central das Pontes. Neste punto, subliñou que “a transición ecolóxica non é dar bandazos”, porque “non nos fai máis verdes, senón máis pobres”.


Por se iso fose pouco, o presidente recordou tamén “o maior recorte social” do PSOE con Galicia, ao negarlle a totalidade dos 700 millóns de euros que lle corresponde para financiar os seus servizos públicos; así como o incumprimento nos prazos para a chegada do AVE. Por todo isto, insistiu en que os galegos non poden permitir outro novo incumprimento senón que o que precisamos é un goberno que cumpra.