lunes, 9 de diciembre de 2019, 02:22
POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "Casado non dá a talla para gobernar España"

|


Thumbnail FOTO PONTEVEDRA


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, realizou hoxe sendas visitas a Pontevedra e Ourense, onde advertiu de que “Pablo Casado non dá a talla para gobernar España” e pediu “o voto útil” para “a esquerda na que se pode confiar”. Acompañado por Andrés Perelló, secretario de Xustiza do PSOE, o líder dos socialistas galegos puxo o foco neste penúltimo día de campaña en que “Pablo Casado non é un líder solvente para afrontar os retos que ten por diante España”.


Ademais, Gonzalo Caballero criticou a entrega do PP a Vox, unha forza de extrema dereita que “quere facerlle un jaque mate ao Estado das autonomías”, co que iso implica para o noso autogoberno”. Fronte a isto, como sinalou o máximo dirixente do PSdeG, Pedro Sánchez “ten o mellor proxecto” para a cidadanía: “un proxecto progresista, de goberno, de esquerdas, dunha esquerda na que se pode confiar” e que “amosa un compromiso cos valores da socialdemocracia e tamén co feminismo, coa transición ecolóxica, cos dereitos e coas liberdades“.


A maiores, Gonzalo Caballero reivindicou “o galeguismo construtivo” do PSdeG, que defende “a nosa lingua e a nosa cultura”, así como as competencias e o financiamento autonómicos e as políticas públicas “que están máis pegadas ao territorio”.

“Pedimos o voto a todos os progresistas para que non haxa un retroceso de liberdades e dereitos no noso país, porque o PP cabalga a lomos da ultradereita“, recalcou o secretario xeral, consciente de que “o voto ao Partido Socialista é un voto tamén en defensa da liberdades, da xustiza, da pluralidade política e da tolerancia”.


De feito, Gonzalo Caballero sinalou que se percibe “unha activación do electorado progresista”. “Se nos activamos, estamos en condicións de asegurar que haxa unha maioría social de progreso en Galicia liderada polo PSdeG”, concluíu.


Thumbnail FOTO OURENSE



"Aglutinar el voto de la izquierda"  


Pola súa banda, Andrés Perelló sinalou que “las derechas españolas, a fuerza de echarle chuletas, al caniche le ha ido creciendo la melena, y ahora se han dado cuenta que no era un caniche, sino un león que se los está comiendo”. “Y a ese león solo le puede hacer frente un partido sólido con capacidad de gobierno que pueda aglutinar el voto de la izquierda”, recalcou.


“Somos el bloque de la izquierda que puede frenar a la derecha”, incidiu o dirixente socialista, ao tempo que puxo en valor que “todas las leyes que llevan en este país y en Europa el sello del progreso y de los avances sociales y de derechos llevan la firma de un presidente socialista”.


Aludiu así Perelló á dependencia, á memoria histórica, á lei de matrimonio igualitario, á do divorcio... “que hacen que la ciudadanía avance” mentres a dereita pretende plantear “cómo tenemos que vivir, cómo tenemos que amar o cómo tenemos que tapar nuestras miserias con una bandera de la que se apropian sin ser de ellos”.


Por tanto, pediu o voto para un partido que ten “un programa para España y un programa para Europa”. “Ningún demócrata se cansa de votar”, finalizou, consciente de que “hay que frenar el retroceso en el que algunos parecen poner tanto empeño”.