viernes, 22 de noviembre de 2019, 08:26
POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "Un Goberno de PP, Cs e VOX sería unha bomba nuclear as liberdades políticas e os dereitos sociais"

|


Thumbnail FOTO MITIN PECHE DE CAMPAu00d1A



O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pechou hoxe a campaña cunha apelación a concentrar o voto no Partido Socialista de Pedro Sánchez para impedir “un pacto da dereita rancia coa perigosa ultradereita”. “Un goberno de PP, Vox e Ciudadanos sería unha bomba nuclear para as liberdades políticas e os dereitos sociais”, advertiu o líder do PSdeG, consciente tamén dos efectos que tería esta coalición sobre o autogoberno galego e a defensa da nosa lingua e a nosa cultura.


É así que, dende Vimianzo, acompañado pola ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, o dirixente socialista chamou a rexistrar o domingo “unha mobilización masiva” que free o “retroceso” que suporía ter a Abascal como “vicepresidente dun goberno presidido por Casado”. “Alguén pode imaxinar a Casado como presidente?”, bromeou.


Deste xeito, Gonzalo Caballero advertiu de que Casado “está controlado dende dentro do PP por Aznar e dende fóra por Vox”, “unha ultradereita racista, xenófoba, machista” que trae consigo un “risco de involución” a todos os niveis. Así é que pediu “castigar nas urnas” á dereita “sen escrúpulos” para pactar coa extrema dereita.


“A coalición da dereita coa extrema dereita implicaría un ataque ao estado do benestar, aos dereitos das mulleres e das persoas LGTBI, ao autogoberno galego e á liberdade de opinión e prensa”, recalcou, ao tempo que chamou a atención sobre que “o PP segue sendo o partido que asumiu a corrupción institucionalizada, e Casado o conseguidor de títulos universitarios pola porta de atrás”.

Thumbnail FOTO MITIN PECHE DE CAMPAu00d1A. Vimianzo



"O voto útil"  


Ao fío disto, o secretario xeral do PSdeG pediu “o voto útil a todos os que sinten a esquerda e que non perdoan que o seu voto non servira para apoiar a un presidente socialista”, e tamén a “todos os descontentos do PP e de Ciudadanos que rexeitan os seus acordos coa ultradereita”.


“Necesitamos -dixo- un goberno progresista forte e estable que siga facendo políticas orientadas á mellora das condicións de vida da cidadanía”, aludindo así á suba das pensións, dos soldos dos funcionarios públicos e do salario mínimo, á universalización da sanidade ou ao incremento das bolsas dos estudantes. "Somos a única opción para que España siga avanzando", concluíu o máximo dirixente do PSdeG.



Rexeitamento a VOX


Finalmente, Gonzalo Caballero fixo mención a unhas palabras do número dous de Feijóo chamando a retirar as papeletas de Vox dos buzóns dos veciños. “O PP está acostumado a meter a man na caixa e agora tamén a mete nos buzóns”, criticou, ao tempo que retou ao PP a amosar o seu rexeitamento a Vox rachando os pactos que ten con Vox en toda España.