martes, 7 de julio de 2020, 08:43
VESPA VELUTINA

A Xunta comeza a elaborar o Plan contra a vespa velutina para actuar en todo o territorio galego

|


Image gallery



A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo; e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industria Agroalimentarias, José Balseiros, mantiveron hoxe unha xuntanza co obxectivo de dar comezo co Plan de loita contra a vespa velutina en todo o territorio galego e así darlle traslado á Fegamp coa que se ten acordado a posta en marcha do Plan e que bote a andar o antes posible.


Xunta e Fegamp acordaron poñer en marcha de maneira coordinada e conxunta un plan de loita contra a vespa velutina na nosa comunidade, cunha previsión de gasto de 2,3 millóns de euros, grazas a fondos propios da Xunta e ao Fondo de Cooperación Local, o que permitirá sufragar os gastos deste Plan de loita contra a velutina. O obxectivo deste Plan é concentrar os recursos e os esforzos, ofrecendo unha resposta profesional e eficaz, que será homoxénea en todo o territorio afectado pola velutina.