martes, 7 de julio de 2020, 07:25

A Xunta impulsa case 13.000 prazas para que os galegos fagan turismo na súa comunidade durante o 2019

|


10 11 Balneario de Mondariz r



A Xunta lanza Elixe Galicia, un programa de estadías turísticas e de ocio dirixido a menores de 30 anos, familias con fillos menores e persoas maiores de 55 anos que nace co obxectivo de favorecer a desestacionalización da actividade turística dentro da Comunidade e fomentar a creación de emprego no sector. O proxecto contará cun investimento total de 1,6 millóns de euros por parte do Goberno galego, que financiará o 40% do custo das viaxes. Os usuarios aboarán o 60%, polo que o valor estimado do contrato é de 4 millóns de euros.


En concreto, o programa para nos anos 2020 e 2021 permitirá financiar un mínimo de 12.800 prazas e constará de catro modalidades: Vacacións en zonas costeiras, Rutas de Patrimonio Histórico e Cultural, Rutas de Natureza e Estadías en Balnearios. Todas as viaxes do programa realizaranse en provincias distintas ás de orixe co obxectivo de dar a coñecer as particularidades de cada zona do territorio galego a toda a cidadanía.


Elixe Galicia enmárcase na aposta da Xunta pola descentralización e a desestacionalización da oferta turística galega, dun xeito sustentable, a través da posta en valor de elementos como a paisaxe, a gastronomía, o patrimonio ou o termalismo. De feito, tanto os meses do verán como o período da Semana Santa quedarán fóra dos períodos ofertados co fin de favorecer a actividade en tempada media e baixa. Trátase de obxectivos clave no modelo turístico do Goberno autonómico, que aposta por crear emprego de calidade vinculado ao turismo durante os 12 meses do ano e en toda a xeografía galega, potenciando a importancia e o peso deste sector na economía da Comunidade. De feito, o turismo supón na actualidade o 10,4% do Produto Interior Bruto de Galicia e o 11% dos postos de traballo.


Ademais de favorecer o turismo interior, este programa tamén repercutirá nos profesionais do sector a través das axencias de viaxes ou de todas aquelas empresas de servizos que se involucren na execución das modalidades do programa: hoteis e aloxamentos, restaurantes, empresas de autobuses, barcos, guías, empresas de turismo activo etc.



Asignación de prazas ofertadas


A través deste proxecto, os usuarios aboarán, segundo a tempada e a modalidade que corresponda, o 60% do total da estadía, mentres que a Xunta achegará o outro 40%. O custo para o usuario, en base aos prezos máximos de licitación, oscila entre 117 e 246 euros.


O proxecto articularase en dúas fases, a primeira delas –que se licitará nos próximos días– centrarase na contratación dos servizos para a creación, organización, xestión e comercialización do programa Elixe Galicia por parte de axencias de viaxe. A segunda será a apertura da convocatoria, no primeiro trimestre do ano 2020, para que os usuarios presenten as súas solicitudes e opten a ser beneficiarios do programa. Esta selección realizarase por sorteo con reserva de prazas para colectivos especiais como familias numerosas, persoas con discapacidade ou con baixos ingresos. A saída inaugural está prevista para o mes de marzo, fóra da tempada alta.


No que respecta ao número de prazas, ofertaranse máis de 12.800, distribuídas en 6.100 para o ano 2020 e 6.700 para 2021. No caso do programa Vacacións en zonas costeiras, contará cun total de 3.200 prazas en 2020 e 3.500 no 2021. Pola súa banda, a Ruta de Patrimonio Histórico e Cultural disporá de 1.200 prazas no primeiro ano e 1.300 no segundo. No que respecta á Ruta de Natureza e Montaña, contará con 1.200 e 1.300 en 2020 e 2021, respectivamente, mentres que para as Estancias en Balnearios ofreceranse 500 prazas o primeiro ano e 600 no segundo.


00 Portada [Chantada] Codos de San Fiz (SBC)


Da costa ao interior


O programa está composto por catro modalidades. Unha delas é Vacacións en zonas costeiras e terá una duración de 5 días (4 noites), en réxime de pensión completa. O aloxamento realizarase en hoteis de tres estrelas ou superior situados en localidades costeiras. Incluirá un mínimo de tres visitas ou actividades de medio día adaptadas ao grupo destinatario e o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.


Outra modalidade é a de Rutas de Patrimonio Histórico e Cultural, que terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa –preferiblemente os fins de semana– para os colectivos de mozos e familias. O aloxamento realizarase en hoteis de dúas estrelas ou superior situados en poboacións que permitan a xestión dun programa adecuado para as visitas programadas. Esta modalidade contará con servizos de guía acompañante durante todo o circuíto. Inclúe visitas culturais con relevancia histórico-artística e como mínimo unha actividade ou visita diaria sen custo adicional para o usuario e tamén o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.


No que respecta á modalidade de Rutas de Natureza e Montaña, terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa, preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias. Os aloxamentos terán lugar en hoteis de dúas estrelas ou superiores ou aloxamentos rurais de categoría similar. Esta categoría contará con servizos de guía acompañante especializado durante todo o circuíto. Ademais, realizaranse dúas excursións ou actividades de sendeirismo e/ou turismo activo na totalidade da estancia. Do mesmo xeito, inclúe o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.


Por último, a modalidade de Estadías en Balnearios terá unha duración 5 días (4 noites), en réxime de pensión completa. Os aloxamentos realizaranse en hoteis de dúas estrelas ou superior situados na Comunidade Autónoma de Galicia a unha distancia non superior a 20 quilómetros do Balneario, Talaso ou establecemento de saúde e benestar de destino.

Deberá dispoñer dun acceso diario ao balneario de augas mineiro-medicinais, talaso ou establecemento de saúde e benestar da Comunidade, incluíndo no programa sen custo adicional untratamento por persoa e estancia, así como prezos especiais reducidos para outros tratamentos.


Tamén contará cun mínimo de dúas excursións ou actividades de medio día a recursos turísticos ou poboacións galegas, con localización próxima ao establecemento hostaleiro de pernoita, así como o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.


 DSC3844



Fomento do turismo interno


Un dos obxectivos deste programa é fomentar o turismo interno, unha modalidade que experimentou un importante crecemento no último lustro, cun crecemento do 15,4% desde 2013. De feito, no pasado ano o turismo interno supuxo preto de 1,4 millóns de viaxeiros que realizaron preto de 3 millóns de noites.


Os galegos están contribuíndo así ao crecemento turístico de Galicia, que este ano está acadando cifras de récord ao recibir ata setembro máis de 4,1 millóns de viaxeiros que realizaron máis de 9 millóns de pernoitas, o que supón a cifra máis elevada da serie histórica. Estas cifras enmárcanse nun contexto no que, mentres a demanda sube en toda España un 0,9%, en Galicia medra un 6,5%, o que supón unha diferencia de 5,6 puntos.