sábado, 7 de diciembre de 2019, 05:29
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O murciano Miguel Sánchez Robles gaña o Premio Torrente Ballester en español da Deputación da Coruña

|


Miguel Sau0301nchez 099  ed



O escritor murciano Migual Sánchez Robles coa súa obra "El síndrome de Hybris" é o gañador da XXXI edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester da Deputación da Coruña. Nesta nova edición do certame presentáronse 519 obras de 25 países. O autor recibirá 25.000 euros e o compromiso de publicación da obra.


Un xurado composto pola escritora Lola Torrano, gañadora da edición anterior do certame coa novela "Austroatlántica", a escritora Arantza Portabales, a libreira e editora Mercedes Corbillón, o editor e traductor Alejandro Tobar, a editora e crítica Laura Ferrero, co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat, como secretaria, decidiron conceder o XXI Premio Torrente Ballester á obra titulada "El síndrome de Hybris" que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría do escritor Miguel Sánchez Robles.


O xurado destaca que a novela gañadora é "unha carta de amor e desencanto que sublima a marxinalidade a través da beleza". Trátase, segundo engaden, dunha "diagnose actual escrita de forma impecábel e implacábel a medio camiño entre o lírico e o cotiá".




Sánchez Robles


Miguel Sánchez Robles é natural de Caravaca de la Cruz, Murcia, (1957), É catedrático de Xeografía e Historia e escritor. Recibiu, entre outros, os premios de poesía: “Miguel Hernández”, “José Zorrilla”, “Leonor”, “Esquío”, “Barcarola”, “Vicente Aleixandre”, “Ciudad de Irún”, “Bahía”, “Antonio Oliver Belmás”, “Dionisia García- Universidad de Murcia”, “Ciudad de Alcalá”, “Blas de Otero”, “Claudio Rodríguez”, “Gabriel Celaya”... En narrativa: “José Nogales“, “Camilo José Cela”, “Ciudad de Marbella”, “Julio Cortázar”, “Fernández Lema”, “Ignacio Aldecoa”, “Unicaja”, “Gerard Brenan“, “La Felguera”, “Antonio Segado del Olmo” ...  En novela obtivo o premio “Javier Tomeo” da Universidade “Rey Juan Carlos” de Madrid pola súa novela Corazones de cordero, o “Fray Luis de León” por La tristeza del barro e o da Deputación de Córdoba por Donde empieza la Nada. 


En ensaio publicou o libro El sentido del mundo, premio “Becerro de Bengoa” da Diputación Foral de Álava. Entre as súas obras publicadas destacan: La sucia piel del mundo, Muro de escribir cosas que me dicen que existo, Treinta maneras de mirar la lluvia, La vida que nos vive, Instrucciones para reiniciar un cerebro, Las palabras oscuras... E as novelas: Nunca la vida es nuestra (Premio a la Creación Literaria de la Junta de Castilla y León) e Salvación, novela espiritual e lírica sobre o Camino de la Vera Cruz editada recentemente en Gollarín.