martes, 7 de julio de 2020, 09:15
OFICINAS DE FARMACIA

Sanidade convoca aos candidatos ás 41 novas oficinas de farmacia a un acto público de elección que se celebrará o 18 de xaneiro

|


Image gallery



A Consellería de Sanidade celebrará o 18 de xaneiro o acto público de adxudicación de oficinas coa presencia das 604 persoas candidatas ás 41 novas oficinas de farmacia convocadas. Sanidade retoma o procedemento logo da debida resolución dos recursos de alzada interpostos fronte ás listaxes definitivas coñecidas en novembro de 2018. Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, o acto público de elección celebrarase o 18 de xaneiro, a partir das 9.00 horas, no salón de actos do edificio administrativo do Sergas, en San Lázaro.


A diferencia doutros procesos de adxudicación de farmacia, esta é a primeira vez que se convoca a todos os participantes admitidos a concorrer nun acto público único, coas debidas garantías, para a elección de farmacia. Isto permite axilizar o proceso e reducir o tempo de elección ao propio día do acto. O procedemento polo que se rexeu o último concurso podía prolongarse meses, xa que cada solicitante tiña que pedir as prazas que quería e despois adxudicábanse cunha tramitación moi laboriosa. Agora, neste novo proceso, cada solicitante, por estrito orden de puntuación, elixirá no acto único de adxudicación a oficina que quere.


Subliñar que o baremo de méritos para a adxudicación de novas oficinas de farmacia é froito da reforma do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia. Un dos obxectivos desta reforma é o de garantir uns criterios obxectivos de selección para o perfil dos adxudicatarios finais sexa acorde á experiencia necesaria para o desempeño profesional na titularidade dunha oficina de farmacia. De aí, que nesta nova baremación, a experiencia profesional pasou a constituír o criterio de maior peso a efectos de valoración, pasando dun máximo de 30 (conforme co baremo anterior) a un máximo de 60 puntos. A lista, coa relación definitiva de puntuacións obtidas por cada un dos concursantes (tanto por orden alfabético dos participantes como por orden de prelación), pode consultarse dende hoxe mesmo na páxina web do Sergas